Os máis Peques de A Xunqueira Nº2

domingo, 20 de junio de 2010

Os nenos dos meus ollos...

O curso está a rematar, e non que quero deixar de dar un GRACIAS enorme aos "Máis Peques de A Xunqueira 2", porque fixéronme pasar un ano incrible.

Este ano deu para moito, rimos, choramos, traballamos, xogamos... e tamén aprendemos, non sei se máis eles de min ou eu máis deles... pero creo que foi un ano moi produtivo, eu lévome unha sensación moi boa, vinos aprender a afrontar situacións novas, superar obstáculos... é dicir, vinos crecer e madurar.

O tempo pasará e viviremos novas cousas, pero quero que "os meus peques" saiban, que SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE, estarán no meu corazón, por moitos motivos, pero sobre todo, porque VOS QUERO!!!!

Unha aperta enorme e un bicazo deses que soan MUAKS!! para os nenos dos meus ollos...

A profe Lupe.


lunes, 7 de junio de 2010

Aniversario de Anais

O pasado día 26 de maio foi o aniversario de Anais, pasámolo moi ben celebrando con ela que facía 4 anos, e ela estaba moi contenta porque xa era "maior".
Fixemos a coroa, sopramos velas, comemos tarta, cantamos... vamos, que o pasamos en grande!!!


viernes, 4 de junio de 2010

Semana da Alimentación

Todos sabemos o importante que é levar unha boa alimentación para crecer fortes e sans, por iso, dende o colexio levouse a cabo esta interesante iniciativa, na que os rapaces e rapaces descubriron cal é un almorzo adecuado, observaron de preto a transformación dos alimentos, recoñeceron froitas a través dos sentidos...
Pero ademais de educativa, esta xornada foi super divertida, os nenos pasárono moi ben. E como premio, por portarse ben, os monitores representáronlles unha pequena obriña que os fixo rir un montón.

miércoles, 26 de mayo de 2010

Que ben o pasamos na Granxa Kiriko!!

Este é un adianto das fotos que fixemos. Dentro de pouco terei o resto e irei subíndoas para que vexades o ben que o pasamos!


viernes, 14 de mayo de 2010

Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a Uxío Novoneyra


O vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas, este ano o protagonista é Uxío Novoneyra, e con tal motivo estivemos a traballar un poema do seu libro "Os Eidos". Escríbovolo a continuación por se queredes recitalo cos vosos peques.

Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar.


* Aproveito para recordarvos que este luns e martes non hai clase, así que empezaremos o mércores 19.






domingo, 2 de mayo de 2010

Día do libro, e logo... festa!!!

O día 23 de abril foi o Día do libro, e con tal motivo tivemos un acto moi bonito, no que alumnos do cole leron ou recitaron pasaxes dun libro en distintas linguas.
Como os peques portáronse moi ben, de premio bailamos co Cantaxogos, como disfrutaron!!!!



Aniversario de Mara

Moitos na clase xa temos 4 anos, e un acontecemento como este hai que celebralo, como fixemos con Mara cando cumpriu anos. Aínda que resulte repetitivo, teños que dicir... que nos encantan as festas!!! A ver cando é o proximo aniversario!!!


Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog