Os máis Peques de A Xunqueira Nº2: noviembre 2009

viernes, 20 de noviembre de 2009

Xa celebramos o Magosto

Onte celebramos o Magosto, pasámolo xenial, divertímonos cos xogos populares e disfrutamos comendo castañas e degustando as exquisiteces que trouxeron os compañeiros ao cole.

domingo, 15 de noviembre de 2009

Aniversario de Daniel

A semana pasada foi o aniversario de Daniel, e tal como se merece un acontecimento destas características... Celebrámolo por todo o alto!!!

viernes, 6 de noviembre de 2009

Cambiamos de data para celebrar o Magosto

Debido ao mal tempo que se espera para a semana que vén suspéndese o Magosto, así que aínda non mandedes as castañas nin os postres, si que podedes ir mandando as receitas en papel, así as irémolas traballando na clase.

Moitas gracias e perdón polo cambio de plans.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Para a semana celebramos o Magosto

Papis e Mamis quería comentarvos que o mércores que vén (se non chove) celebraremos o Magosto, o colexio pide a vosa colaboración, si podedes mandade o luns ou o martes unhas poucas castañas (picadas, con corte) para asalas o día do Magosto.

Outra iniciativa que se propón é a elaboración de pratos típicos de outono, agradeceriamos moito que os/as que poidades preparedes algún postre ou comida que leve produtos típicos destas datas (noces, castañas, uvas, mazá...) xa vos avisaremos cando se celebrará para que saibades cando mandalos, porque aínda que en principio é o mércores dependemos do tempo, como xa comentei.

Sería moi interesante que estes pratos os preparásedes en presenza dos vosos fillos/as para que vexan como é a transformación dos alimentos e para que eles se sintan útiles, se queredes mandar as receitas escritas, traballarémolas en clase cos nenos.

Celebramos o Samaín

A semana pasada estivemos traballando o Samaín ou Halloween, aí van unhas fotiños de como o celebramos.

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog