Os máis Peques de A Xunqueira Nº2: 2010

domingo, 20 de junio de 2010

Os nenos dos meus ollos...

O curso está a rematar, e non que quero deixar de dar un GRACIAS enorme aos "Máis Peques de A Xunqueira 2", porque fixéronme pasar un ano incrible.

Este ano deu para moito, rimos, choramos, traballamos, xogamos... e tamén aprendemos, non sei se máis eles de min ou eu máis deles... pero creo que foi un ano moi produtivo, eu lévome unha sensación moi boa, vinos aprender a afrontar situacións novas, superar obstáculos... é dicir, vinos crecer e madurar.

O tempo pasará e viviremos novas cousas, pero quero que "os meus peques" saiban, que SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE, estarán no meu corazón, por moitos motivos, pero sobre todo, porque VOS QUERO!!!!

Unha aperta enorme e un bicazo deses que soan MUAKS!! para os nenos dos meus ollos...

A profe Lupe.


lunes, 7 de junio de 2010

Aniversario de Anais

O pasado día 26 de maio foi o aniversario de Anais, pasámolo moi ben celebrando con ela que facía 4 anos, e ela estaba moi contenta porque xa era "maior".
Fixemos a coroa, sopramos velas, comemos tarta, cantamos... vamos, que o pasamos en grande!!!


viernes, 4 de junio de 2010

Semana da Alimentación

Todos sabemos o importante que é levar unha boa alimentación para crecer fortes e sans, por iso, dende o colexio levouse a cabo esta interesante iniciativa, na que os rapaces e rapaces descubriron cal é un almorzo adecuado, observaron de preto a transformación dos alimentos, recoñeceron froitas a través dos sentidos...
Pero ademais de educativa, esta xornada foi super divertida, os nenos pasárono moi ben. E como premio, por portarse ben, os monitores representáronlles unha pequena obriña que os fixo rir un montón.

miércoles, 26 de mayo de 2010

Que ben o pasamos na Granxa Kiriko!!

Este é un adianto das fotos que fixemos. Dentro de pouco terei o resto e irei subíndoas para que vexades o ben que o pasamos!


viernes, 14 de mayo de 2010

Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a Uxío Novoneyra


O vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas, este ano o protagonista é Uxío Novoneyra, e con tal motivo estivemos a traballar un poema do seu libro "Os Eidos". Escríbovolo a continuación por se queredes recitalo cos vosos peques.

Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar.


* Aproveito para recordarvos que este luns e martes non hai clase, así que empezaremos o mércores 19.






domingo, 2 de mayo de 2010

Día do libro, e logo... festa!!!

O día 23 de abril foi o Día do libro, e con tal motivo tivemos un acto moi bonito, no que alumnos do cole leron ou recitaron pasaxes dun libro en distintas linguas.
Como os peques portáronse moi ben, de premio bailamos co Cantaxogos, como disfrutaron!!!!



Aniversario de Mara

Moitos na clase xa temos 4 anos, e un acontecemento como este hai que celebralo, como fixemos con Mara cando cumpriu anos. Aínda que resulte repetitivo, teños que dicir... que nos encantan as festas!!! A ver cando é o proximo aniversario!!!


Aniversario de Carla

Encántannos as festas, así que sempre que podemos estamos de celebración.
O que máis nos gustan son os aniversarios, coma este de Carla, pasámolo en grande, e ela púxose moi contenta coa súa coroa.


Aniversario de Sara

A semana pasada Sara cumpliu 4 anos, e para celebralo fixémoslle unha festa, pasámolo xenial!!! Como nos gustan os aniversarios!!


miércoles, 21 de abril de 2010

Saída á Granxa Kiriko

Como xa vos comentara, para o mes de maio está prevista unha saída cos nenos de Infantil e primeiro ciclo de Primaria á Granxa Kiriko, nun principio está planificada para o 25 de maio, pero xa vos avisaremos con antelación da data definitiva.
Ata ese momento deíxovos unha imaxes das instalacións da granxa para que vexades algunhas das cousas das que poderán disfrutar os vosos pequenos.


O 23 de abril é o Día do Libro

O vindeiro 23 de abril conmemórase o Día do Libro, e para celebralo, esta semana cando fomos á Biblioteca, ademáis de coller un libro para levar a casa, Paz, a directora, tíñanos unha sorpresa, fixo de contacontos para nós. Leunos un conto moi bonito dun osiño ao que lle encantaban os libros. Pasámolo moi ben, e este tipo de actividades achégannos á lectura, e todos/as sabemos o importante que é esta aproximación xa dende ben pequenos.


miércoles, 7 de abril de 2010

Veunos visitar un mago

A finais do trimestre pasado veunos visitar un mago aos nenos e nenas de infantil, e aos de 1º ciclo de primaria.

Nós tivemos a sorte de que o mago escollese a Carla e a Juan para subir ao escenario a axudarlle cos seus trucos de maxia, emocionámonos moito ao velos ali arriba!!!

Pasámolo moi ben, a ver cando nos veñen facer novas visitas!!!


Os mércores imos á Biblio

Pasámolo en grande na Biblioteca do cole, observamos, tocamos e escollemos os contos que queremos levar para casa, e deste xeito, dende ben pequenos poñémonos en contacto co mundo da lectura e ímonos familiarizando co préstamo bibliotecario.
Seguro que de maiores convertímonos en grandes lectores!!!!

lunes, 15 de marzo de 2010

Fomos ver aos Bombeiros!!!

A semana pasada tivemos a sorte de que os bombeiros fosen ao Pazo da Cultura, e como nós estamos ao lado fomos a velos para que nos ensinasen o seu traballo.
Vimos as demostracións que fixeron, falamos con eles, vimos os seus camións e como nos portamos ben, deixáronnos subir neles!!!
Para poñerlle a guinda ao pastel, Orbil, a mascota do Salón do Libro veu vernos e fixémonos unhas fotos con el!!!! Pasámolo en grande!!!

Fixemos un mural e veu visitarnos unha amiguiña!!!

A semana pasada fixemos un mural para recibir a nova estación, a primavera, pasámolo moi ben, e grazas á axuda da profe Maribel quedounos moi bonito.
Pouco despois, estando en clase, atopamos un animaliño, unha xoaniña viñera a facernos unha visita!!! Puxémonos moi contentos, e todos puidemos ver a súa cor vermella e os puntiños negros das súas costas, e tamén observamos que tiña ás, porque cando se foi, fíxoo voando!!

martes, 9 de marzo de 2010

Os semáforos máis guapos do mundo!!!

Este ano aproveitando que o Salón do Libro ten de tema a cidade disfrazámonos de semáforos, e aquí podedes ver o guapos que estaban os nenos!!

sábado, 27 de febrero de 2010

Prepando o mural do Día da Paz

O 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz, e para conmemoralo fixemos o mural coa axuda da profe Maribel; que todo hai que dicilo, quedounos chulísimo. Estes pequenos son uns grandes artistas!!!!

Máis fotos do Festival de Nadal

Nestas fotos podedes ver aos vosos peques en plena actuación, como podedes observar son uns artistazos, o pánico escénico non existe para eles!!!!

Aniversario de Vicky

Sigo recuperando fotos do trimestre pasado, estas son do aniversario de Victoria, no que todos o pasamos moi ben, espero que vos gusten!!!

martes, 16 de febrero de 2010

Festival de Nadal

Estas son algunhas fotos deo festival de Nadal, en breve subirei máis, cando as pida no cole, así que prepararvos para ver aos vosos fillos en acción!!!


Decorando a clase

Estas son outras fotos que tiña por casa. No primeiro trimestre dedicámonos a adornar a clase, puxémoslles nome aos espazos da clase... e deste xeito traballamos moitas letras.

A profe Sabela

Estas son fotos que fixemos no primeiro trimestre, cando estaba a profe Sabela con nós, agora que non está a votamos moito en falta, un bico enorme Sabela!!

Se queredes ver ben aos vosos nenos nas fotos, pasade o punteiro por encima da foto que fai un efecto moi chulo.

Aniversario de Ximbo


Despois de moito tempo e moitas pelexas co ordenador conseguín subir fotos outra vez, así que dentro de pouco xa poderedes ver aos vosos peques en acción, por agora déixovos estas fotos do trimestre pasado para ir abrendo boca.






Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog