Os máis Peques de A Xunqueira Nº2: abril 2010

miércoles, 21 de abril de 2010

Saída á Granxa Kiriko

Como xa vos comentara, para o mes de maio está prevista unha saída cos nenos de Infantil e primeiro ciclo de Primaria á Granxa Kiriko, nun principio está planificada para o 25 de maio, pero xa vos avisaremos con antelación da data definitiva.
Ata ese momento deíxovos unha imaxes das instalacións da granxa para que vexades algunhas das cousas das que poderán disfrutar os vosos pequenos.


O 23 de abril é o Día do Libro

O vindeiro 23 de abril conmemórase o Día do Libro, e para celebralo, esta semana cando fomos á Biblioteca, ademáis de coller un libro para levar a casa, Paz, a directora, tíñanos unha sorpresa, fixo de contacontos para nós. Leunos un conto moi bonito dun osiño ao que lle encantaban os libros. Pasámolo moi ben, e este tipo de actividades achégannos á lectura, e todos/as sabemos o importante que é esta aproximación xa dende ben pequenos.


miércoles, 7 de abril de 2010

Veunos visitar un mago

A finais do trimestre pasado veunos visitar un mago aos nenos e nenas de infantil, e aos de 1º ciclo de primaria.

Nós tivemos a sorte de que o mago escollese a Carla e a Juan para subir ao escenario a axudarlle cos seus trucos de maxia, emocionámonos moito ao velos ali arriba!!!

Pasámolo moi ben, a ver cando nos veñen facer novas visitas!!!


Os mércores imos á Biblio

Pasámolo en grande na Biblioteca do cole, observamos, tocamos e escollemos os contos que queremos levar para casa, e deste xeito, dende ben pequenos poñémonos en contacto co mundo da lectura e ímonos familiarizando co préstamo bibliotecario.
Seguro que de maiores convertímonos en grandes lectores!!!!

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog