Os máis Peques de A Xunqueira Nº2: Para a semana celebramos o Magosto

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Para a semana celebramos o Magosto

Papis e Mamis quería comentarvos que o mércores que vén (se non chove) celebraremos o Magosto, o colexio pide a vosa colaboración, si podedes mandade o luns ou o martes unhas poucas castañas (picadas, con corte) para asalas o día do Magosto.

Outra iniciativa que se propón é a elaboración de pratos típicos de outono, agradeceriamos moito que os/as que poidades preparedes algún postre ou comida que leve produtos típicos destas datas (noces, castañas, uvas, mazá...) xa vos avisaremos cando se celebrará para que saibades cando mandalos, porque aínda que en principio é o mércores dependemos do tempo, como xa comentei.

Sería moi interesante que estes pratos os preparásedes en presenza dos vosos fillos/as para que vexan como é a transformación dos alimentos e para que eles se sintan útiles, se queredes mandar as receitas escritas, traballarémolas en clase cos nenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog